Saltar ao contido

Voo 191 de Delta Air Lines

Voo 191 de Delta Air Lines
Restos do avión
Resumo
Data  2 de agosto de 1985
Causa  perda de control debido
a erro do piloto como
resultado de voar cara
unha microrráfaga
Lugar  aeroporto de Dallas/Fort Worth
Coordenadas 
Orixe  Fort Lauderdale-Hollywood
Derradeira escala  aeroporto de Dallas/Fort Worth
Destino  aeroporto dos Ánxeles
Finados  137
Feridos  28
Aeronave
Tipo de aeronave Lockheed L-1011-385-1 TriStar
Operador  Delta Air Lines
Rexistro  N726DA
Pasaxeiros  152
Tripulación  11
Superviventes  27

O voo 191 de Delta Air Lines era un servizo regular doméstico entre Fort Lauderdale e Os Ánxeles, cunha escala no aeroporto de Dallas/Fort Worth. O 2 de agosto de 1985 o Lockheed L-1011 TriStar que operaba a ruta encontrouse cunha microrráfaga de vento mentres se aproximaba ao aeroporto de Dallas/Fort Worth. O avión chocou contra o chan a unha milla da pista, golpeando un coche preto do aeroporto, e entón esnafrouse con dous tanques de auga e desintegrouse. O accidente matou 137 persoas e feriu 28. A Xunta Nacional de Seguridade no Transporte (NTSB) determinou que o accidente se debeu á decisión da tripulación de voar a través dunha tormenta, á falta de procedementos ou adestramento para evitar ou escapar de microrráfagas, e á falta de información sobre o risco de cizalladuras.

O avión era un Lockheed L-1011-385-1 TriStar con rexistro N726DA.[1] Fora entregado a Delta o 28 de febreiro de 1979, e a aeroliña operouno continuamente dende esa data.[1] O aparello estaba equipado con tres motores Rolls-Royce RB211-22B.

Tripulación

[editar | editar a fonte]

No voo 191 había tres tripulantes na cabina de mando e oito na cabina de pasaxeiros.

O capitán era Edward N. Connors, de 57 anos, que levaba en Delta Air Lines dende 1954. Fora cualificado como capitán do TriStar en 1979 e tiña aprobadas as súas probas de competencia.[1] O informe da NTSB mencionaba que outra tripulación que voara con Connors antes do accidente describírao como un piloto meticuloso que seguía estritamente as políticas da compañía.[1] O informe tamén dicía que Connors "desviábase das tormentas aínda que outros voos tomasen rutas máis directas" e "aceptaba voluntariamente as suxestións da súa tripulación".[1] Dende a súa cualificación en 1979, Connors aprobara as oito inspeccións en ruta que realizara, e o informe da NTSB destaca que recibira "comentarios favirables" en relación á "disciplina e standarización na cabina de mando".[1] Connors tiña máis de 29 300 horas de voo, 3 000 delas no TriStar.[1]

O primeiro oficial do voo era Rudolph P. Price Jr, de 42 anos.[1] Capitáns de Delta que voaran con Price describírono como un "primeiro oficial por riba da media" que tiña un "excelente coñecemento" do TriStar.[1] Price acumulaba 6 500 horas de voo, incluídas 1 200 no TriStar.[1] O enxeñeiro de voo era Nick N. Nassick, de 43 anos, que tiña 6 500 horas de voo, incluídas 4 500 no TriStar.[1][2][3] Compañeiros en Delta describírono como "observador, en alerta, e profesional".[1]

Había oito asistentes de voo a bordo do avión: Frances Alford, Jenny Amatulli, Freida Artz, Vicki Chavis, Diane Johnson, Alyson Lee, Joan Modzelewski e Wendy Robinson. Jenny Amatulli, Vicki Chavis e Wendy Robinson foron as únicas tripulantes que sobreviviron.[1]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 "Informe do accidente" (PDF). NTSB. Consultado o 2018-12-20. 
  2. "Crash of Flight 191: As They Are Remembered". The Dallas Morning News. 11 de agosto de 1985.
  3. "Revisiting a Tragedy". www.aopa.org. 2012-05-04. Consultado o 2018-12-27.